WordPress terá que deixar de bloquear a WP Engine
mércores, 11 de decembro do 2024
- Araceli MartÃnez-OlguÃn é a xuÃza encargada da causa de WP Engine contra Automattic (WordPress)
O conflito entre WordPress e WP Engine chegou aos tribunais de California, e a espera de que se xulgue o fondo do asunto, como medidas cautelares a xuÃza Araceli MartÃnez-OlguÃn ordenou o levantamento das medidas de WordPress.org contra WP Engine, de xeito que teñen que deixar de bloquearlle o acceso aos seus servidores e deixar de influÃr nos seus plugins.
A maxistrada recoñece que o argumento de Matt Mullenweg de que os problemas que está a encarar WP Engine son consecuencia de construÃr o seu negocio ao redor dunha páxina web sobre a que «non teñen ningún dereito contractual de uso», pero tamén destaca o feito de que as accións contra WP Engine non se realizan contra ningún outro competidor, o que «non pode ignorarse».
A virulencia coa que Mullenweg está a actuar contra WP Engine non ten precedentes, afectando claramente a imaxe da compañÃa, pero tamén tendo grande repercusión no seo de Automattic (a compañÃa detrás de WordPress.com), con traballadores que chegaron a deixar a empresa por mor dunhas prácticas que non consideran éticas.
Con independencia de como remate a causa xudicial, o que queda claro é que non se pode confiar o funcionamento dun proxecto empresarial nunha infraestrutura dun competidor en base a un escenario actual que pode mudar drasticamente no futuro, afectando á viabilidade empresarial a longo prazo.