World Bank retira a publicidade de X
venres, 23 de agosto do 2024
X denuncia aos grandes anunciantes por retirar a súa publicidade da plataforma social por mor da falla de control ante os discursos de odio e outros contidos tóxicos baixo a acusación de que emprenden un «boicot ilegal» en vez de solucionar o problema de raÃz e, en consecuencia, continúa a perder anunciantes, sendo agora o World Bank quen suspende a publicidade en X despois de que CBS News atopase anuncios da entidade baixo unha publicación racista dunha conta na que predominan os contidos pro-nazis e de supremacismo branco.
Concretamente CBS News destacou unha conta verificada en X, con máis de 115.000 seareiros, publicando contido racista e tirando proveito á vez que consegue máis visibilidade grazas a pagar por unha conta verificada, o que tamén lle permite beneficiarse de ingresos publicitarios, o que claramente choca de fronte cos intereses das entidades bancarias, que non queren que a súa marca estea ligada a contidos que poidan danala, chegando a anunciar un voceiro do World Bank hoxe mesmo que «o último incidente é completamente inaceptable, polo que cesamos inmediatamente toda a publicidade de pagamento en X».
Cómpre salientar que en X non só deixan pasar moito contido ilegal conscientes do mesmo (actuaron activamente para recuperalo na plataforma) senón que é o propio Elon Musk un dos grandes divulgadores de teorÃas da conspiración xenófobas e moitos outros contidos tóxicos que até antes da compra de Twitter por parte de Musk estaban prohibidos nesta e no resto de plataformas sociais maioritarias.