World of Tanks supera o millón de descargas para PS4
luns, 8 de febreiro do 2016
O
pasado día 19 chegou
a PlayStation 4 o xogo de balde World of Tanks, que acumulaba millóns
de xogadores en PC, Xbox 360 e, máis recentemente, Xbox
One, e como non podía ser doutro xeito, repetiu a historia de éxito na
última consola de sobremesa de Sony, conseguindo superar
a barreira do millón de descargas nestes poucos días, o que celebrarán
publicando unha actualización con novos mapas.
O xogo conta con máis de 130 vehículos pertencentes aos bandos de EE.UU.,
Alemaña e a URSS, e durante a pasada fin de semana estrou a versión 2.6 para
PS$, o que inclúe os mapas novos de Costa Serena, Fiordes, Val Sagrado,
Noroeste, Rexión Ártica e Pantano.
Cómpre destacar que para poder gozar dos combates en liña de até 15 contra 15
en World of Tanks nin sequera é
preciso estar subscrito a PlayStation Plus, polo que está aberto a todo usuario
que teña a súa PS4 conectada á Rede.
Tráiler de lanzamento de World of Tanks para PS4