World of Tanks terá versión para Xbox One

xoves, 19 de febreiro do 2015 Marcus Fernández

Un dos xogos en liña de éxito que conta cun público máis fiel é título free-to-play World of Tanks, dispoñible para PC dende 2010 e para Xbox 360 dende 2013, acumulando máis de 5 millóns de descargas, e agora este xogo ambientado na Segunda Guerra Mundial está a preparar o seu desembarco na Xbox One ao longo do presente ano.
Wargaming.net permitirá que os xogadores de Xbox 360 poidan enfrontarse en liña cos de Xbox One, e incluso permitirán que os xogos que actualicen de Xbox 360 a Xbox One poidan levar os seus progresos consigo e incluso poderían xogar indistintamente con ambas consolas, xa que compartirán a mesma conta en liña no xogo.

PUBLICIDADE