World of Warcraft supera os 11 millóns de subscritores

mércores, 29 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Os xogos masivos multiusuario teñen problemas de supervivencia, e aínda que os xogos inspirados en Warhammer e Conan acadasen uns resultados bastante bos (centos de milleiros de usuarios) están moi lonxe do rei, World of Warcraft, que segundo Blizzard Entertainment vén de superar os 11 millóns de subscritores en todo o mundo.
Esta nova marca é realmente impresionante, pois estamos a falar dun xogo de pago, aínda que a boa resposta do público tamén se pode deber ao bo facer dos seus responsables, que lanzan constantemente expansións para darlle máis posibilidades á súa plataforma de xogo en liña (actualmente están a rematar a segunda expansión do xogo, Warth of the Lich King, cun lanzamento previsto para o 13 de novembro).
Os xogos de World of Warcraft veñen dando guerra dende finais de 2004, e son posiblemente os únicos títulos para PC que teñen un éxito comparable aos xogos dos Sims, chegando a ser o xogo de PC máis vendido do ano en varias ocasións.

PUBLICIDADE