Worldcoin mellora o control de datos persoais
mércores, 10 de abril do 2024
Tras a suspensión das actividades de Worldcoin en España e Portugal, Tools for Humanity Corporation incrementa o control persoal sobre os datos dos seus usuarios ofrecendo a capacidade de cancelar a verificación do World ID a través da eliminación permanente do código de iris, opción que non estaba dispoñible actualmente, o que infrinxirÃa claramente o Regulamento Xeral de Protección de Datos.
Outro serio problema do funcionamento de Worldcoin que resolven é a incorporación de controis de verificación de idade en persoa, de xeito que só permitirán o escaneo biométrico para maiores de idade.
Estes avances de Worldcoin chegan tras a avaliación da Oficina Estatal Bávara de Supervisión de Protección de Datos (BayLDA), autoridade que o proxecto recoñece para operar na Unión Europea, considerando que as autoridades española e portuguesa non teñen competencia para emprender accións contra eles.
Queda agora por ver se, tras a introdución destes cambios, as suspensións cautelares impostas contra Worldcoin se levantan ou, pola contra, promoven ante autoridades europeas a prohibición do proxecto en todo o territorio europeo, pois non parece haber consenso sobre a legalidade desta iniciativa baseada no recoñecemento biométrico dos usuarios (sen requirir información como o nome, o e-mail ou o número de teléfono).
Para que a sociedade teñan unha maior confianza no proxecto Worldcoin tamén ofrecen publicamente os principais compoñentes de software do Orb que empregan para o rexistro biométrico dos usuarios, buscando asà unha maior transparencia e facilitando a verificación da súa declaración de privacidade.
- O recoñecemento do iris dos usuarios e o tratamento deste dato persoal tan sensible é unha das grandes preocupacións que teñen as autoridades de protección de datos sobre Worldcoin