Worms Rumble será un xogo de acción en tempo real

mércores, 1 de xullo do 2020 Marcus Fernández

A franquía de Worms está de volta, aínda que en vez de optar pola estratexia militar por quendas como veñen facendo dende hai 25 anos, aposta por pola acción en tempo real en Worms Rumble, título que este mesmo ano chegará a PC, PlayStation 4 e PlayStation 5, aceptándose xa inscricións para participar na súa beta.
Worms Rumble será unha intensa arena multiplataforma de 32 xogadores en tempo real que contará cos modos Partida a morte ou Derradeiro verme en pé.
Non faltan as armas icónicas da franquía, como o bazuca, a escopeta ou o lanzaovellas, podendo contar con armamento totalmente novo. O xogo permitirá participar en eventos por temporada, desafíos diarios e creacións da comunidade para obter experiencia adicional e recompensas, contando cun Laboratorio no que realizarán probas de contido para que sexan os usuarios os que peneiren os que se manterán no xogo.

Tráiler de presentación de Worms Rumble

PUBLICIDADE