Worten.es anuncia o seu peche
mércores, 1 de xullo do 2026
A cadea de tendas de electrónica de consumo Worten non tivo fortuna en Galicia, onde tivo unha historia moi breve e, tras contar con tendas en Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, en 2021 rematou a venda das súas tendas na Península Ibérica, rematando a meirande parte delas en mans do seu competidor máis directo, MediaMarkt.
Aínda que MediaMarkt Canarias parece manter a súa actividade, para o resto do territorio español a marca limitábase á súa tenda en liña, que actualmente ten unha promoción de stock fóra nunha selección de produtos, que sería unha liquidacións, pois a empresa vén de anunciar o peche desta tenda en liña o vindeiro 1 de agosto.
Iso quere dicir que este será o derradeiro mes no que Worten.es estea en funcionamento, tanto para a venda de produtos das tendas de Worten como para produtos de tendas de terceiros que aproveitan a función de marketplace para comercializar os seus produtos.
O peche non afectaría a Worten Portugal nin a Worten Canarias.
