Wren integra AirPlay, Play-Fi e Bluetooth nuns altofalantes de grande calidade
xoves, 30 de abril do 2015
- Botoneira dos altofalantes
Actualmente para escoitar música no fogar perderon o seu
lugar as antes célebres cadeas musicais,
e agora a solución máis axeitada son os altofalantes con conectividade sen
fÃos, para poder reproducir música dende os nosos dispositivos móbiles e
equipos informáticos, entre os que destaca o novo Wren V5US, que serÃa
o primeiro produto deste tipo en integrar conectividade AirPlay de Apple, Play-FITM
DTS e Bluetooth aptX, ou sexa, que poderÃa recibir son de dispositivos con
iOS, con Android e incluso ordenadores, gozando sempre dunha excelente fidelidade
sonora.
Estamos ante un altofalante que combina tecnoloxÃas de streaming sen perda de calidade cunha alta conectividade, de xeito
que funciona con practicamente todo canto trebello conectado teñamos, sendo
incluso compatible con servizos de streaming
en liña como Spotify, Songza ou Deezer, polo que resulta moi versátil, de xeito
que o seu principal atranco serÃa o seu prezo, xa que custa 499
dólares (443,88 euros). Para quen non teña problemas de orzamento pode
resultar axeitado empregar varios altofalantes desta marca no seu fogar, xa que
é posible configuralos tanto para reproducir a mesma música en toda a casa,
como para crear distintas ambientacións musicais segundo a zona na que estea
situado o altofalante.