X/Twitter continúa a perder usuarios a grande velocidade
luns, 25 de marzo do 2024
- Os datos de Sensor Tower reflicten unha acusada caÃda de usuarios de X/Twitter nos últimos meses
Mentres Elon Musk asegura que X/Twitter está a gañar usuarios e actividade, os informes externos din xusto o contrario, e os datos de Sensor Tower relativos a EE.UU. dende novembro de 2022 reflicten unha caÃda dun 23% no número de usuario de X/Twitter, mentres que TikTok caerÃa en menos dun 10% e Facebook, Instagram e Snapchat en menos dun 5%.
A nivel mundial a caÃda de X/Twitter serÃa máis moderada, caendo só un 15% no últimos ano, mentres que o resto de plataformas estarÃan a medrar lixeiramente.
Se ben os datos de Sensor Tower non deixan de ser estimacións (baseadas nun panel de usuarios), van na liña da percepción que pode ter calquera que se achegue a X/Twitter no último ano e vexa a proliferación dos discursos de odio, o incremento da visibilidade dos usuarios máis tóxicos, o disparo do contido creado por bots, o abandono da plataforma (total ou parcial) de numerosos usuarios relevantes e a ausencia de control ante prácticas fraudulentas (como os famosos calotes protagonizados por Martiño Rivas, David Broncano ou Carlos Sobera) deixan en evidencia todas as afirmacións que poidan realizar dende X, como que actualmente teñen 250 millóns de usuarios activos ao dÃa e 550 millóns de usuarios activos ao mes.
A emerxencia de Threads tamén estarÃa a ameazar o futuro de X/Twitter, pois no mes de febreiro nos EE.UU. Apptopia asegura que por cada descarga de X prodúcense 16 descargas de Threads (concretamente cifran as descargas de X en EE.UU. no mes de febreiro en 2,9 millóns, mentres que Threads poderÃa presumir de 46,2 millóns de descargas no mesmo perÃodo).
Os datos son teimudos, e na listaxe de aplicacións máis descargadas da App Store o pasado domingo podiamos ver a Threads na 4ª posición mentres X quedaba no posto 34º. En Google Play o resultado irÃa na mesma liña, con Threads no posto 7º e X no posto 43º. Temos asà que afirmacións como que cada dÃa se dan de alta 1,7 millóns de persoas en X resultan difÃciles de crer, xa que ese volume de altas triplicarÃa o número de descargas da aplicación a nivel mundial, o que leva a pensar que ou a compañÃa minte descaradamente ou simplemente está a contabilizar unha chea de usuarios irreais (bots) para poder inflar os seus datos, mentres manteñen o discurso de que a loita contra os bots é a súa prioridade.