X/Twitter podería ter perdido o 71,5% do seu valor en pouco máis dun ano
martes, 2 de xaneiro do 2024
A traxectoria de Twitter
dende que a compañía está en mans de Elon Musk vai de mal en peor, e o
xeito no que o seu propietario trata aos grandes anunciantes non axuda a
que a cousa mellore, tal e como reflicte Fidelity, un dos meirandes accionistas
privados da compañía, que vén de rebaixar a súa valoración da empresa que tería
caído un 71,5% dende os 44.000 millóns de dólares que pagou Musk.
Cómpre salientar que 12.540 millóns de dólares segue a ser unha cantidade moi
importante (hai analistas que non cren que se poida pagar pola compañía moito
máis de 4 mil millóns), e que precisamente as agresivas declaracións de Musk
contra os anunciantes (e o comportamento previo de Elon Musk que levaron ás
mesmas) supuxeron unha caída do 10,7% da valoración da empresa.
En calquera caso, estamos ante unha valoración de X/Twitter por parte dunha
compañía en concreto, e dado que a empresa está fóra dos mercados estas
estimacións non teñen maior impacto práctico que minar a confianza na compañía
(o que pode afectar á súa viabilidade, xa que depende en grande medida da
negociación da súa grande débeda provocada pola compra de Musk).