X censura a publicación dun informe sobre o candidato republicano á vicepresidencia
xoves, 26 de setembro do 2024
O xornalista Ken Klippenstein decidiu compartir publicamente un informe elaborado polo equipo de campaña de Trump sobre o seu candidato á vice presidencia, J. D. Vance, que chegou aos medios de comunicación no mes de xuño procedente dun suposto ataque informático responsabilidade do goberno iraniano.
Klippenstein considerou que non era correcto que os medios ocultasen o contido do informe por medo a que as autoridades considerasen que estaban a colaborar con forzas estranxeiras, de aà que, en vez de filtrar o máis relevante do texto, optou directamente por publicar as súas 271 páxinas Ãntegras tras confirmar que non foran manipuladas.
O que era difÃcil de prever é que, tras compartir o documento a través de X, a plataforma social que de definÃa como defensora da liberdade de expresión, aplicase unha suspensión temporal da súa conta acusándoo de infrinxir as normas da plataforma ao publicar información persoal privada, como o enderezo fÃsico e o número da seguridade social do senador Vance.
Klippenstein considera inxusto o que semella un acto de censura, e salienta que os datos supostamente revelados están publicamente dispoñibles, e a publicación dun documento Ãntegro para que poida analizalo calquera non supón unha instigación de acoso contra o senador (que serÃa o que tenta evitar a norma de X, que neste caso estarÃa mal aplicada).
Pero dende X non se limitan a tomar medidas directas contra Klippenstein, senón que se algún usuario da plataforma quere compartir a ligazón ao documento sobre Vance atopa un erro, e non pode completar a súa publicación, polo que X estarÃa a adoptar un rol activo para defender a un candidato polÃtico.
De feito, X mudou as súas normas hai uns anos precisamente para que a publicación de documentos filtrados sobre o fillo do presidente Biden estivese permitida na plataforma, ou sexa, que aplican a súa norma de xeito distinto en función de se o polÃtico afectado sexa demócrata ou republicano, deixando en evidencia a demagoxia de Elon Musk na súa plataforma social.