X contará con Visa como socio para os seus futuros servizos financeiros
martes, 28 de xaneiro do 2025
Dende que Elon Musk tomou o control de Twitter está a teimar coa transformación da plataforma social nunha aplicación para todo, na liña do que é WeChat na China, e avanzando nesa dirección a director xeral de X, Linda Yaccarino, adiantou hoxe que o primeiro socio que terá o seu servizo de pagamentos será Visa.
Asegura que X Money contará cunha carteira dixital chamada X Wallet que permitirá a transferencia de fondos instantánea a través de Visa Direct, que permitirá conectar a tarxeta de débito para realizar pagamentos entre pares e tamén contará coa opción de realizar transferencias bancarias instantáneas.
Cómpre salientar que o servizo non será global, senón que terá que espallarse xeograficamente de xeito paulatino, e incluso hai quen apunta que incluso terá dificultades para funcionar en todo Estados Unidos tras o seu lanzamento (xa que as licenzas para operar como unha entidade bancaria teñen que tramitarse estado a estado).
Aparte das complicacións burocráticas (que serán bastantes) a grande incógnita sobre a apertura de X a servizos financeiros é se os cidadáns confiarán nunha compañÃa propiedade por Elon Musk para manexar os seus cartos, cando moitos nin sequera se fÃa de X para relacionarse con outras persoas ante a súa toxicidade actual.