X estrea etiquetas para as contas paródicas

venres, 10 de xaneiro do 2025 Marcus Fernández

Para evitar a confusión creada polas contas de usuario paródicas en X, a plataforma social de Elon Musk, está a incorporar etiquetas nos perfís que permiten distinguir claramente cando estamos ante unha conta paródica.
Este tipo de etiquetas buscan mellorar a transparencia e garantir que os usuarios non se confundan ao pensar que publicacións humorísticas ou moi esaxeradas corresponden á persoa á que se está a parodiar.
As etiquetas de conta paródica pasarán a ser obrigatorias para este tipo de contas, para que poidan distinguirse de suplantacións de identidade, lembrando dende a compañía que os usuarios poden denunciar cando se atopan cunha conta de usuario que finxe ser outra persoa sen motivos paródicos.

Os usuarios deberán indicar cando a súa conta é unha parodia, para que se indique mediante unha etiqueta