X estrea unha aplicación de mensaxerÃa para iOS
venres, 24 de abril do 2026
X puxo en marcha XChat, a súa nova aplicación independente de mensaxerÃa, dispoñible inicialmente para iOS. A ferramenta permite contactar cos seguidores da rede social a través de mensaxes privadas, chamadas de voz e vÃdeo, envÃo de ficheiros e conversas en grupo, sen necesidade de crear unha nova rede de contactos, xa que aproveita directamente as conexións existentes na plataforma.
A proposta presenta a privacidade como eixe central, cun sistema de cifrado de extremo a extremo e protección mediante un código PIN que permanece no dispositivo do usuario. Entre as funcionalidades inclúense a posibilidade de editar ou eliminar mensaxes para todos os participantes, activar mensaxes que desaparecen automaticamente, bloquear capturas de pantalla e compartir contidos de gran tamaño. X asegura ademais que a aplicación non incorpora publicidade nin mecanismos de seguimento.
O desenvolvemento de XChat forma parte da estratexia de expansión da compañÃa cara a novos servizos dixitais, máis aló da rede social. Este movemento supón un cambio respecto da idea inicial de converter X nunha aplicación total que integrase mensaxerÃa, pagamentos, contidos e outros servizos nun único espazo. No seu lugar, a empresa de Elon Musk aposta agora por un conxunto de aplicacións diferenciadas, incluÃndo tamén unha futura app de pagamentos aÃnda en fase de probas.
