X permite organizar as respostas ás publicacións
luns, 12 de agosto do 2024
Dende que en X é posible contratar a marca de verificación, as respostas ás publicacións na plataforma quedaron totalmente desvirtuadas, de xeito que o sistema amosa con prioridade as respostas dos usuarios que pagan (que en grande medida son perfÃs bastante tóxicos, que utilizan a subscrición para esquivar o rexeitamento que provocan no resto de usuarios).
AÃnda que o máis razoable de cara aos usuarios serÃa eliminar a práctica de dar visibilidade aos usuarios tóxicos simplemente porque pagan unha subscrición, a solución que adoptaron dende X pode considerarse un parche, e consiste en permitir Organizar respostas, deixando tres opcións: Tendencias (a opción predeterminada, claramente viciada), Máis recentes (a opción que poderiamos considerar máis obxectiva, aÃnda que presentada cunha cronoloxÃa inversa que dificulta a creación de fÃos de conversa) e Máis gústame (que semella ser a alternativa máis razoable á opción predeterminada, xa que dá visibilidade a comentarios que xeran maior interacción).
En calquera caso, estas opcións de organización de resposta son puntuais, ou sexa, que hai que escoller o método de organización publicación a publicación, polo que semella que simplemente permiten a escolla pensando en casos nos que unha publicación conte cunha chea de comentarios irrelevantes de contas verificadas, e o usuario poida saltalas dun xeito áxil.