X proba a cobrar nun par de paÃses para poder publicar na plataforma
mércores, 18 de outubro do 2023
X/Twitter vén de
iniciar en Nova Zelandia e Filipinas o programa Not a Bot,
que é un novo servizo de subscrición en probas que se aplicará unicamente a
novos usuarios coa
desculpa de servir para mitigar o spam e que serÃa preciso para
poder interactuar en na plataforma social, de xeito que de non subscribirse só
serÃa posible ler os contidos, pero nin publicar nin responder ás publicacións
realizadas.
Deste xeito, cando alguén se dá de alta en X en Nova Zelandia e Filipinas só
pode ver publicacións, ver vÃdeos e seguir contas, pero non establecer outros
tipos de interaccións até que verifique o seu número de teléfono e pague unha
subscrición de 1 dólar estadounidense ao ano (realmente 1,43 dólares neozelandeses
ou 42,51 pesos filipinos ao ano).
Supostamente esta medida busca loitar contra os bots en X, o que serÃa bastante
discutible, xa que os servizos de pagamento actuais incluso poderiamos entender
que conseguiron o efecto contrario, dando a impresión de que a medida realmente
o que persegue é que os usuarios introduzan a súa información de pagamento en X
de cara á futura ampliación de servizos económicos da compañÃa.
AÃnda que estas probas só teñen lugar nun par de paÃses, é posible que se
amplÃe ao resto do mundo, o que serÃa un grande atranco para o crecemento da
plataforma, pois a fricción de ter que realizar un pagamento para manter o servizo
plenamente activo pode retraer a moitos usuarios de empregar o servizo, como
puidemos ver no seu dÃa con WhatsApp, servizo que tivo que retirar a súa reducida
cota anual para manter a súa base de usuarios.