X sube de prezo o seu plan Premium+

luns, 23 de decembro do 2024 Marcus Fernández

Pese a que está a resultar moi complicado facer que os usuarios de X/Twitter paguen por empregar o servizo da plataforma social de Elon Musk, a confianza que teñen en que a meirande parte dos usuarios consideren que a subscrición paga a pena é tal que ousan fixar unha suba de prezo que dende o pasado día 21 afecta a usuarios novos e que para os subscritores actuais pasará a aplicarse o vindeiro 20 de xaneiro.
O incremento do prezo das subscricións é notable, pois o plan Premium+ pasa de 16 a 21 euros. Deste xeito o plan básico custaría 3 euros/mes (ou 32 euros/ano), o plan Premium 8 euros/mes (ou 84 euros/ano) e o plan Premium+ 21 euros/mes (ou 219 euros/ano).
Este cambio de prezos tamén afecta aos servizos, pois o plan Premium+ pasa a quedar completamente libre de publicidade; e o plan Premium+ tamén pasa a ter unha maior prioridade de soporte que o plan Premium, con acceso a novas características e límites de uso da intelixencia artificial Grok máis elevados.