X terá que responder por usar datos dos seus usuarios para adestrar a súa IA
mércores, 7 de agosto do 2024
Hai un par de semanas sorprendeu o feito de que Grok fose facer uso das publicacións dos usuarios de X para o seu adestramento sen o seu consentimento explÃcito, contando cunha opción de oposición ao tratamento de datos unicamente na versión web de X e nun apartado bastante agochado que apareceu sen notificación de ningún tipo, ou sexa, que a compañÃa decidiu un formato de consentimento que a simple vista é contrario á lexislación europea, e asà o entenderon dende a Comisión de Protección de Datos (DPC) de Irlanda, que vén de iniciar un procedemento contra Twitter International Unlimited Company pola súa preocupación ante o xeito de procesar datos de millóns de usuarios europeos en X.
A autoridade de protección de datos irlandesa entende que o uso que fai Grok dos datos de Twitter vulnera o Regulamento Xeral de Protección de Datos, destacando especialmente que a opción para rexeitar o tratamento de datos chegue cando pretenden abrir unha nova versión de Grok ao público, e non cando comezou o adestramento deste modelo de linguaxe.
Polo momento a DPC está a pedir información a Twitter, para que clarexe o que está a facer cos datos dos cidadáns europeos, e tamén ordena que se cese calquera procesamento de datos persoais dos usuarios de X para adestrar ou depurar modelos de linguaxe ou outros sistemas de IA.