Xa é oficial o Mi 6X de Xiaomi
mércores, 25 de abril do 2018
A pasada noite presentouse oficialmente o novo
smartphone Mi 6X de Xiaomi, que é especialmente relevante xa que o seu
predecesor, o Mi 5X, foi o elixido como hardware para o Mi A1, polo que
confÃase en que este novo terminal coincida a nivel de hardware cun futuro Mi
A2.
O novo smartphone diferénciase claramente do seu predecesor por adoptar unha
pantalla con proporción 18:9 de 5,99 polgadas e resolución Full HD+, o que
dálle unha aparencia máis estilizada, á vez que tamén renovou as súas
especificacións técnicas, de xeito que agora temos un procesador Qualcomm
Snapdragon 660, 4/6 GB de RAM, 64/128 GB de almacenamento interno e baterÃa de
3.010 mAh con QuickCharge 3.0 (que permite cargar a metade da baterÃa en 30
minutos); aÃnda que a ninguén se lle escapa que un dos seus puntos fortes serán
as súas cámaras, xa que na súa traseira inclúe cámara dual de 20 e 12 MpÃxeles
cada obxectivo con sensores Sony (o obxectivo principal ten unha apertura de f/1.75),
mentres que a cámara frontal tamén é unha xenerosa cámara con sensor Sony de 20
MpÃxeles.
O Mi 6X chegará cun corpo de metal en
cores bastante rechamantes, cargará a baterÃa por USB-C, terá un grosor de só
7,6 milÃmetros e un peso de 166 gramos. Os seus prezos tamén serán bastante
axustados, de xeito que o modelo máis básico, con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento
sae á venda en China por 1.599 iuans (207 euros), con 6 GB de RAM sube até os
1.799 iuans (233 euros) e, finalmente, o modelo con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento
custará 1.999 iuans (259 euros).
- O Mi 6X aposta por corpos nunha atractiva gama de cores
- Na traseira do Mi 6X podemos ver a súa cámara dual e o seu sensor de pegadas dixitais