Xa é posible descargar o Firefox 16 en galego
martes, 9 de outubro do 2012
Unha vez máis, antes do seu anuncio oficial chega aos
servidores de Mozilla a nova versión en galego do seu navegador web Firefox, que
xa podemos descargar
de balde para Windows, OS
X e Linux.
Entre as novidades do Firefox 16 temos soporte de VoiceOver para OS X (que vén
agora activado de xeito predeterminado, soporte inicial de aplicacións web en
Windows, Mac e Linux e incorporación dunha nova lingua (o acholi, propia de
Uganda).
A nova versión de Firefox tamén mellorou a recolección de lixo incremental para
Javascript, incorporou unha nova barra de ferramentas para desenvolvedores (que
tamén agradecerán novas funcionalidades CSS3) e corrixiu erros detectados en
versións anteriores á oficial.