Xa é posible incorporar saÃda HDMI ás Xbox 360 que carezan de tal conector
mércores, 27 de agosto do 2008
Os usuarios que teñan un
modelo vello da Xbox 360 de Microsoft que careza de porto HDMI poderán suplir
esta carencia grazas ao novo
cable XCM 1080p HDMI que converte o sinal analóxico da consola a
dixital, incluÃndo
tamén un adaptador HDMI a DVI (de xeito que tamén permite o uso da
consola en monitores de ordenador, o que é unha solución bastante económica
para gozar da alta definición).
O adaptador detecta automaticamente se a consola está a reproducir un DVD ou un
xogo de Xbox 360, non precisa de fonte de alimentación externa e non precisa de
ningunha configuración para o seu uso. O seu principal defecto serÃa o seu
prezo, que resulta un tanto elevado (89,99 dólares).