Xa é posible probar Apple Intelligence en español dende España
venres, 21 de febreiro do 2025
AÃnda que a chegada de Apple Intelligence a Unión Europea non está prevista até o mes de abril, dende as últimas horas xa é posible achegarse a esta tecnoloxÃa dende España grazas a que as últimas versións de probas para desenvolvedores de iOS, iPadOS e macOS incorporan os idiomas francés, alemán, italiano, portugués de Brasil, español, xaponés, coreano, chino simplificado, e inglés de Singapura e a India en Apple Intelligence, permitindo tamén que esta actualización funcione en Europa para contribuÃr a adaptar o software en desenvolvemento á actualización oficial que chegará en abril.
Deste xeito, os usuarios de iPhone, iPad ou Mac con conta de desenvolvedor activa (ou que empreguen un certificado que os habilite para descargar as versións de proba) poden xa experimentar con Apple Intelligence en español e en España, o que está a ser moi ben recibido pola comunidade de usuarios que desesperaba polo feito de que os últimos dispositivos de Apple empregaban como reclamo publicitario unha tecnoloxÃa que en Europa non estaba dispoñible.
AÃnda que inicialmente estaba previsto que a actualización de abril fose a que contase cunha versión de Siri mellorada, finalmente houbo problemas de desenvolvemento desta Siri intelixente, e as prestacións de Siri baseadas en Apple Intelligence faranse agardar uns meses máis, o que pode decepcionar a moitos que precisamente era en Siri onde notaban máis a falla da IA que tanto avanzou nos últimos anos e ante a que Apple parecerÃa totalmente allea.
Polo momento Apple Intelligence ten prestacións moi limitadas, como é a asistencia á escritura, a xeración de imaxes con IA, o borrado máxico de elementos en fotografÃas ou o resumo de páxinas web, polo que aÃnda queda bastante para que esteamos ante prestacións que sexan realmente prácticas no dÃa a dÃa.
O que si pode ser revolucionario é que a última beta para desenvolvedores de visionOS incorpora ferramentas impulsadas por Apple Intelligence, abrindo a porta a todo unha revolución para as Apple Vision Pro, visor de realidade estendida que pode mellorar moito se consegue tirar un proveito efectivo da IA.