Xa é posible solicitar o voto por correo para as Eleccións ao Parlamento de Galicia
martes, 26 de decembro do 2023
O pasado xoves o
presidente da Xunta anunciou a convocatoria
das eleccións autonómicas en Galicia para o 18 de febreiro de 2024, e os
cidadáns que non poidan acudir a exercer o seu dereito ao voto en tal data
poden xa solicitar o seu voto por correo, acudindo presencialmente a unha
oficina de Correos ou a
través da páxina web da sociedade estatal.
Para poder solicitar o voto por correo ás Eleccións ao Parlamento de Galicia
2024 é preciso dispor de DNI Electrónico ou dun certificado dixital válido,
asà como ter a aplicación AutoFirma instalada no equipo informático dende o que
se queira presentar a solicitude. Poderase solicitar o voto por correo até o 8
de febreiro, podendo depositarse o voto nunha oficina de Correos até o 14 de
febreiro.