Xa está á venda Metal Gear Solid Touch

venres, 20 de marzo do 2009 Marcus Fernández

O éxito da saga de Metal Gear Solid a leva a transcender as consolas domésticas e chegar a dispositivos móbiles, quedando nunha sombra do produto orixinal (que normalmente destaca por tirar proveito da potencia nas máquinas nas que funciona, presentando uns gráficos moi detallados e unhas cinemáticas máis propias do cine que dun videoxogo), e así temos esta semana o lanzamento para o iPhone e iPod Touch do xogo Metal Gear Solid Touch, que pódese mercar por 4,99 euros e inclúe 12 niveis diferentes, que serán completados por outros 8 máis adiante (cunha actualización de balde da que aínda non hai data).
Este novo xogo contrólase coa pantalla multi-táctil do iPhone, deslizando os dedos pola pantalla para apuntar e disparar cun toque, podendo tamén facerse zoom con 2 dedos para disparar a obxectivos dende lonxe.
Queda claro que este xogo non satisfará aos fieis seguidores das aventuras de Solid Snake, pero é un título imprescindible para todos os que queren probar todas as entregas desta saga que pese a rematar en Metal Gear Solid IV, resiste a desaparecer do mercado.

PUBLICIDADE