Xa está dispoñible a demo de Mario vs. Donkey Kong

xoves, 1 de febreiro do 2024 Marcus Fernández

O vindeiro día 16 chegará a Nintendo Switch o xogo Mario vs. Donkey Kong, no que Mario ten que superar numerosos niveis cheos de quebracabezas e plataformas para recuperar os xoguetes de Minimario que Donkey Kong roubou da súa fábrica, e os usuarios que queiran probalo antes de mercalo poden xa descargar a súa versión de demostración de balde a través da Nintendo eShop, podendo así superar 4 nivel completos para facerse unha boa idea de como é o xogo final.
Estamos ante a revisión dun xogo de Game Boy Advance que xa ten preto de 20 anos e que recibiu melloras gráficas, novos niveis e novos xeitos de xogar, confirmando que certas fórmulas poden ser atemporais.
Mario vs. Donkey Kong ofrece máis de 130 niveis repartidos en 8 mundos, polo que garante moitas horas de diversión. Aparte dos quebracabezas, e do reto de ter que guiar a varios Minimarios até a súa caixa de xoguetes, ao final de cada mundo teremos que enfrontarnos cara a cara a Donkey Kong, o que dá certo todo arcade a este título ao que non lle falta un modo cooperativo na que outra persoa poderá axudarnos controlando a Toad (unha das novidades máis salientables).

Tráiler de Mario vs. Donkey Kong