Xa hai data para a estrea de Hellblade II en PS5
mércores, 25 de xuño do 2025
Ninja Theory anunciou que Senua’s Saga: Hellblade II Enhanced estará dispoñible en PlayStation 5 a partir do 12 de agosto, coincidindo coa chegada dunha actualización gratuÃta para os usuarios de Xbox Series X|S e PC. Esta versión mellorada inclúe novidades técnicas e de contido, entre elas un novo modo de rendemento a 60 fotogramas por segundo, un sistema de captura fotográfica ampliado e unha opción de xogo adicional inspirada na Podredume Escura do primeiro tÃtulo da saga.
En PlayStation 5, o xogo chegará en dúas edicións. A Estándar, cun prezo de 49,99 euros, inclúe o tÃtulo principal e todas as melloras da actualización Enhanced. A Deluxe, por 69,99 euros, engade tamén unha versión optimizada de Hellblade: Senua’s Sacrifice e a súa banda sonora orixinal. Os usuarios que xa posúan este primeiro xogo en PS4 poderán acceder á versión de nova xeración sen custo adicional.
A versión Enhanced incorpora opcións como o modo Rendemento, que permite xogar a 60 fps, asà como un axuste gráfico moi alto en PC, optimización para Steam Deck e un modo Podredume Escura no que o avance da podremia penaliza os fallos do xogador e pode dar lugar á perda total do progreso. Ademais, actualÃzase o modo Foto con novas ferramentas para capturas cinemáticas e engádese un extenso contido extra con máis de catro horas de comentarios do equipo de desenvolvemento.
Como incentivo, quen reserve o xogo en PlayStation recibirá tamén unha aplicación coa banda sonora orixinal de Senua’s Saga: Hellblade II.
