Xa podemos descargar o Firefox 11 en galego
martes, 13 de marzo do 2012
Nas
últimas horas apareceron nos servidores de Mozilla copias da versión final do
Firefox 11 en galego nas súas versións para
Windows, Mac
OS X e Linux,
que incorpora a posibilidade de importar marcadores, historial e cookies dende Google Chrome e a
sincronización de extensións en todos os navegadores que teñan Sync activado e
configurado, mellora o soporte de HTML5, corrixe os problemas de funcionamento
das notificacións con Growl 1.3 e superior e tamén inclúe novidades para desenvolvedores
(como un editor de estilos CSS); pero curiosamente chega
con advertencias sobre o feito de que a estrea do Firefox 11 coincide cunha
actualización automática de Windows (o que non terÃa por qué dar problemas) e sobre
un posible fallo de seguridade que afectarÃa á nova versión de Firefox (que de
confirmarse recibirÃa o parche correspondente).