Xa podemos descargar o Firefox 13 en galego
luns, 4 de xuño do 2012
Continuando co lanzamento de novas iteracións no navegador
web Firefox xa tempos dispoñible
para a súa descarga para Windows, Mac OS X e Linux
a versión en galego do Firefox 13, que incorpora numerosas melloras de
rendemento que serán moi ben recibidas polos usuarios, á vez que incorpora un
par de novidades importantes: a páxina de inicio por defecto inclúe accesos
rápidos ás Descargas, Marcadores, Historial, Complementos e distintas opcións
de configuración; e ao abrir unha nova lapela aparecerán as páxinas máis
visitadas para axilizar o noso uso do navegador.
Firefox 13 tamén incorpora o protocolo SPDY para cargar máis rápido as páxinas
web que soporten tal tecnoloxÃa, fai que as lapelas en segundo plano non se
carguen inicialmente para axilizar o inicio da aplicación e conta coa opción de
desprazamento suave activada de xeito
predeterminado.
Como vén a ser costume, a nova versión de Firefox tamén incorpora moitas
melloras para os desenvolvedores, como a implementación de novas
funcionalidades CSS ou unha importante
renovación das ferramentas para desenvolvedores (para a inspección de
páxinas, o editor de estilos e outros apartados).