Xa podemos descargar o Firefox 9.0 en galego

luns, 19 de decembro do 2011 Marcus Fernández

A versión 9.0 de Firefox para Mac OS X mellora a súa integración con Lion

Este martes sairá oficialmente o navegador web Firefox 9.0, pero como vén a ser habitual, xa é posible descargar dos servidores da Fundación Mozilla as distintas versións desta aplicación, que incluso podemos descargar en galego para Windows, Mac OS X e Linux.
Entre as novidades da versión 9.0 do Firefox figuran a incorporación de Type Inference no motor Javascript o que supón unha mellora de velocidade de entre o 20 e o 30%, mellorar o soporte de HTML5, MathML e CSS, arranxar numerosos problemas de estabilidade, engadir o soporte da propiedade CSS font-stretch e mellorar a súa integración con Mac OS X 10.7 Lion (como soportar xestos con 2 dedos para navegar entre as páxinas anterior e seguinte).

PUBLICIDADE