Xa podemos inscribir a nosa webserie para a décima edición do Carballo Interplay
venres, 5 de agosto do 2022
O
Festival
de Contidos Dixitais Carballo Interplay prende os motores para
volver a converter ao concello de Carballo na capital estatal das
webseries e os novos formatsos do 29 de marzo ao 1 de abril do
2023. Poderán presentarse a competición as series producidas entre
os anos 2021 e 2023 que teñan un mínimo de 3 capítulos emitidos no
momento da inscrición. Non hai límites de duración, temática,
xénero, técnica ou procedencia. O único límite é temporal: o 20
de febreiro é o día para que formalicemos a nosa inscrición no
formulario.
Premios
Mellor
serie: 800 euros e trofeo
Mellor
serie versión orixinal en galego: 800 euros e trofeo
Premio
do xurado novo: 400 euros e trofeo
Premio
do público: 400 euros e trofeo
Premio
ao mellor guión: 200 euros e trofeo
Premio
á mellor dirección: 200 euros e trofeo
Tamén
está aberto o prazo para o premio a proxectos de serie en galego,
que ten como obxectivo o fomento da difusión na Internet de contidos
audiovisuais orixinais en lingua galega. Dende o Concello informan de
que se “temos un proxecto en mente, ata o 13 de marzo poderemos
inscribirnos e gañar 3.000 euros para producir os tres primeiros
capítulos da nosa serie”.
De
estarmos interesados debgemos escribir ao enderezo electrónico
direccion@carballointerplay.com, indicando no asunto do correo
“Proxecto de serie en galego” e anexando a documentación precisa
en formato PDF.