Xa podemos votar no Portal das Palabras pola palabra galega de 2018

mércores, 19 de decembro do 2018 Fernando Sarasketa

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié veñen de facer públicos os seis termos galegos finalistas que aspiran a converterse na Palabra do Ano en 2018 coa participación dos internautas (a través, como de costume, dos seus votos en Internet). A escolma de media ducia de palabras, que serían as máis populares do ano que remata na nosa lingua, está integrada por “deseucaliptización”, “apoderamento”, “fariña”, “fascismo”, “feminismo” e “sororidade”.
Como dixemos, será a comunidade internauta a que elixa finalmente a Palabra do Ano. O prazo para as votacións ficará aberto até o 25 de decembro.
As devanditas voces foron escollidas logo da fase de suxestións que rematou o pasado domingo, “cunha notábel participación”. A Palabra do Ano 2018 darase a coñecer o vindeiro 27 de decembro.
Na primeira fase da campaña, recibíronse máis de 7.000 achegas que se traduciron en 962 termos diferentes, unhas cifras que, en palabras da RAG, reflicten a consolidación desta iniciativa que o Portal das Palabras puxo en marcha en 2014.
Segundo engade a entidade cultural galega, “calquera das voces finalistas cumpren requisitos claros para se converter na elixida polo público: ser das máis repetidas na recollida de propostas, referirse a realidades ou fenómenos que están a marcar dalgún xeito a actualidade, irromper con forza na linguaxe cotiá ou mesmo cobrar visibilidade como marca de iniciativas cívicas”.
O Portal das Palabras convida aos internautas, desde 2014, a participar na escolla da Palabra do Ano. Nas edicións anteriores foron escollidas “afouteza” (2017), “irmandade” (2016) -coincidindo co centenario das Irmandades da Fala-, “refuxiado/a” (2015) e “corrupción” (2014).
A elección dos termos deste ano que está a piques de rematar está a ser saudada por entidades como a Asociación Verdegaia, responsábel das Brigadas deseucaliptizadoras que popularizaron o termo “deseucaliptización”, que designa a loita colectiva contra a proliferación da especie invasora

PUBLICIDADE