Xa se pode descargar o SP1 para Windows Vista
luns, 24 de marzo do 2008- Fiestra de instalación do SP1 para Windows Vista
Como se
viña a falar nos últimos dÃas, o Service Pack 1 para Windows Vista xa está dispoñible
para a súa descarga, de xeito que os usuarios que conten co último sistema
operativo de Microsoft poderán descargar un arqhivo de 434,5 Mbytes que
soluciona uns 551 problemas detectados en Windows Vista, e que durante o mes de
abril se incorporará coma actualización automática.
Este SP1 xa funciona para as versións de Vista en inglés, francés, alemán,
español e xaponés, tanto para versións do sistema de 32 e 64 bits, e nalgún
caso pode chegar a mellorar
o rendemento do sistema nun 86%, polo que poderÃa axudar a lavar a imaxe
que ten ese sistema operativo.
Os novos equipos informáticos tamén incluirán en breve esta grande actualización
preinstalada, no que se supón que será unha vantaxe para os usuarios, que terán
unha mellor experiencia de uso do sistema operativo co que se venden os
ordenadores actualmente.
Os usuarios que aÃnda continúen a empregar Windows XP co Service Pack 2 tamén
contarán nos vindeiros dÃas cunha nova actualización (SP3) que tamén promete
mellorar considerablemente o rendemento dos seus equipos, aÃnda que hai que
lembrar que o XP está chamado a ser descontinuado por Microsoft.