Xa se pode probar o Spore Creature Creator
mércores, 18 de xuño do 2008
O agardado xogo de Will
Wright (creador de SimCity e os Sims), Spore, chegará no mes de
setembro, pero mentres xa é posible descargar o Spore
Creature Creator, unha aplicación para PC e Mac que permite xogar a
crear seres para o futuro xogo.
Esta nova ferramenta dá renda solta á imaxinación dos usuarios, que poden
desenvolver criaturas de curiosas aparencias, aÃnda que a versión dispoñible é
só de proba, permitindo só definir a cuarta parte das caracterÃsticas que
estarán dispoñibles na versión definitiva (de pago).
As
criaturas creadas nesta aplicación poderanse importar no xogo Spore, pero mentres non este
non chega a aplicación de creación destes seres serve para probalas, tirarlles
fotografÃas e mesmo gravar pelÃculas para logo compartilas na Internet, o que
xa está a aproveitar algún usuario de
xeito humorÃstico (ou homenaxeando a personaxes de series de televisión), pois en YouTube xa se poden ver clips de criaturas con forma de pene
ou cun pene xigante.
Todas estas contribucións son as que farán atractivo o universo de Spore, pois os usuarios poderán
compartir as súas creacións con todo o mundo, tanto na Sporepedia como na canle oficial en YouTube. Para dar
un pouco de vida ás novas creacións, xa poden participar nun concurso de baile: