Xa se poden descargar as demos de Left 4 Dead para Xbox 360 e PC
mércores, 12 de novembro do 2008
A semana que vén
chegará ás tendas o xogo Left 4 Dead para Xbox 360 e PC,
e os usuarios que queiran saber se deben gardar cartos para facerse con este
xogo de acción de zombis poden descargar
tanto a través do Bazar de Xbox LIVE (ocupa 1,2 Gb) ou da plataforma Steam
(neste caso ocupa 3,2 Gb) a versión
de demostración deste xogo.
Left 4 Dead non sitúa nunha cidade
ateigada de mortos viventes da que hai que lograr fuxir, para o que un grupo de
catro persoas teñen que colaborar para sobrevivir. No xogo faremos uso de
multitude de armas (pistolas, rifles, cócteles molotov, ametralladoras...) e
nos enfrontaremos a distintos tipos de zombis,
asà como a enormes grupos dos mesmos que atacan en horda. A escura ambientación
está moi lograda e o xogo cooperativo promete ser a perla da coroa deste tÃtulo
desenvolvido por Valve.
Sorprende que aparte de para Xbox 360 tamén apareza para PC (plataforma
habitualmente marxinada polos grandes tÃtulos), sendo preciso contar cun equipo
con Windows XP ou Vista, cun procesador Pentium 4 a 3 GHz (ou superior), cun
mÃnimo de 1 Gb de RAM, cunha tarxeta gráfica cun mÃnimo de 128 Mb de memoria e
con 7,5 Gb de espazo de disco duro libre, aÃnda que se recomende contar cun
procesador Intel Core 2 Duo a 2,4 GHz e unha tarxeta gráfica de certa potencia
para poder gozar dunha mellor experiencia visual.

