Xa se vende en España o ultraportátil HP Compaq Mini 700
martes, 23 de decembro do 2008
Nos últimos dÃas varias
promocións de prensa e de operadoras de telefonÃa móbil ofertan o ultraportátil
de HP 2133 Mininote, pero os consumidores que queiran adquirir un equipo deste
tipo sen contraer compromisos con distintas compañÃas sen prescindir dunha
marca como HP poden optar agora por facerse cun HP
Compaq Mini 700, un ultraportátil cun procesador Intel Atom N270 a
1,6 GHz, 1 Gb de RAM, disco duro de 60 Gb, Wi-Fi, 2 portos USB, e unha pantalla de 10,2 polgadas cunha
resolución de 1.024 x 600 pÃxeles que xa
se pode adquirir en España por a partir de 399 euros.
Este equipo de só 1,1 quilogramos de peso e 2,5 centÃmetros de grosor é unha
boa opción que se adapta ao baixo custo
que buscan moitos usuarios, aÃnda que conte só cunha baterÃa de 3 celas e a súa
memoria RAM non se poida ampliar.