A integración de ZeniMax Media en Microsoft está a beneficiar seriamente ao Game Pass de Xbox, e dos primeiros xogos de Bethesda e estudios próximos temos que Dishonored: Definitive Edition, The Elder Scrolls V: Skyrim Special Edition, Fallout 4, Fallout 76 e Prey están a actualizarse en Xbox Series X|S para poder tirar proveito da funcionalidade FPS Boost, ou sexa, que sen intervención dos creadores dos xogos para crear unha versión optimizada dos xogos estes poden pasar dos seus 30 fotogramas por segundo orixinais a practicamente 60 imaxes por segundo.
O FPS Boost non se activará de xeito automático, senón que indicarase aos xogador expresamente esta posibilidade, de xeito que o usuario pode elixir se gozar dos xogos como se corresen nunha Xbox One ou se queren que vaian a máis fotogramas por segundo e/ou con HDR automático.
Outriders chegará a Game Pass o 1 de abril
Pero os 5 xogos de Bethesda que chegaron nos últimos días ao Game Pass, e que reciben o FPS Boost, non son a única grande nova para subscritores do Game Pass, xa que veñen de anunciar que o vindeiro 1 de abril o xogo de Square Enix Outriders verá a luz con versións para PC, Stadia, PS4, PS5, Xbox One e Xbox Series X|S estará incluíndo no Game Pass dende o primeiro día. Deste xeito, os subscritores do servizo poderán ter este xogo en consola sen custo adicional, podendo gozar do mesmo tamén a través de streaming se contan con Game Pass Ultimate.
Outriders situa ao xogador nun futuro afastado no que a humanidade está a tentar colonizar un novo planeta, pero unha misteriosa tormenta chamada a Anomalía destrúe toda a tecnoloxía máis avanzada que unha lámpada, hiperevoluciona a vida salvaxe en feroces monstros e fai que os esforzos por converter o planeta nun novo fogar rematen nunha guerra para facerse cos poucos recursos que quedan.
Neste xogo de rol de acción en terceira persoa poderase xogar en modo individual ou cun modo cooperativo xunto a 2 amigos para xuntar forzas para enfrontarse a este futuro salvaxe. Amais tamén será un xogo cross-play, de xeito que os xogadores poderán xuntarse dende plataformas diferentes.
Último trailer de Outriders

