Xbox Game Pass recibirá grandes xogos en maio
martes, 30 de abril do 2024
O mes de maio vai comezar moi forte para os subscritores de Xbox Game Pass, xa que na selección de xogos para consola, PC e nube reciben o dÃa 2 o aclamado Tomb Raider: Definitive Edition, un xogo que iniciou o reboot das aventuras de Lara Croft converténdoas nun xogo moderno orgulloso de pertencer a unha franquÃa con tanta historia.
Xa para o 7 de maio teremos un xogo bastante interesante, Kona II: Brume, che achega unha experiencia narrativa en primeira persoa na que desentrañar un misterio ao norte de Canadá en 1970.
Unha das grandes sorpresas do mes é Little Kitty, Big City, un xogo que se estrea directamente no Game Pass o dÃa 9, e que ofrece un mundo aberto no que un michiño ten que atopar o seu camiño a casa explorando a cidade, facendo novos amigos e desatando algo de caos por onde pasa.
E como guinda temos o 14 de maio o marabilloso Brothers: A Tale of Two Sons, xogo amplamente galardoado que presenta a un par de irmáns nunha viaxe épica na que resolver quebracabezas, explorar localizacións diversas e enfrontarse a xefes finais coa curiosidade de que hai que manexar a cada un dos personaxes cunha das pancas analóxicas do mando da consola.
- Brothers: A Tale of Two Sons volve ao Game Pass en maio