Xbox LIVE Gold e Xbox Game Pass poderÃan contratarse conxuntamente en breve
venres, 5 de abril do 2019
O
pasado verán Microsoft lanzou nos EE.UU. o programa Xbox All Access, que
facilitaba a contratación conxunta dos servizos Xbox LIVE Gold e Xbox Game Pass
xunto coa compra aprazada dunha consola Xbox One, de xeito que por 21,99 dólares/mes
é posible conseguir unha Xbox One S (con 1 TB de disco duro) en 24 meses,
mentres que por 34,99 dólares/mes permite a compra dunha Xbox One X. Esta experiencia
parece ter conseguido un bo resultado, xa que agora está a
comentarse con certa forza que estarÃa en preparación o Xbox Game Pass Ultimate,
que por 14,99 dólares/mes incluirÃa Xbox LIVE Gold e Xbox Game Pass.
A combinación dos dous grandes servizos de subscrición de Xbox serÃa moi
interesante, xa que suporÃa un aforro duns 5 dólares/mes, aÃnda que o máis
importante é que poderÃa disparar a contratación de Xbox Game Pass, que ofrece
un catálogo de máis dun cento de xogos para Xbox One combinando tÃtulos de
fondo de catálogo con todas as producións dos estudios de Microsoft (incluÃndo
as últimas novidades), ou sexa, que suporÃa un importante pulo aos xogos en
formato descargable, reforzando os rumores de que en breve poderÃa chegar ao
mercado unha versión da Xbox One S sen lector de Blu-ray.
Será esta a iniciativa que sente os alicerces para que na vindeira xeración de
consolas os videoxogos descargados teñan máis peso no mercado que os mercados
en formato fÃsico?