Xbox One S: a consola de Microsoft reduce tamaño e gaña prestacións
luns, 13 de xuño do 2016
A conferencia de Microsoft durante a feira E3 comezou confirmando
a filtración dos últimos dÃas: un novo modelo de consola Xbox One que terÃa un
tamaño máis compacto. Asà temos que a nova
Xbox One S é oficial, e o seu lanzamento nin sequera vai supor un prezo de
lanzamento lixeiramente superior, xa que chegará verá a luz un prezo de partida de 299 euros.
O deseño da Xbox One S estréase cunha cor branca
robot, cun tamaño un 40% inferior ao modelo orixinal, integra o seu
transformador de corrente e incluso contará cun soporte opcional para poder
colala tanto en horizontal como en vertical.
Pero as novidades non se limitarán á súa aparencia externa, senón que a nova
Xbox One S tamén inclúe a posibilidade de reproducir pelÃculas en Blu-ray e
vÃdeo en streaming (de servizos como
Netflix) en ultra alta definición, soportando tamén a tecnoloxÃa HDR (desta
volta tanto para vÃdeo como para xogos) polo que os que conten cun dos últimos
televisores en chegar ao mercado poderán aproveitalo para consumidor contido
audiovisual en 4K coa axuda da consola e tamén poderán gozar dunha mellor
experiencia de xogo en tÃtulos futuros como Gear
of War 4 e Scalebound.
Para facer máis cómodo o uso da consola tamén decidiron mover un dos seus 3
portos USB á parte frontal da consola e engadiron un novo emisor de
infravermellos. Cómpre salientar que boa parte da redución de tamaño da Xbox
One S conseguiuse eliminando o porto para Kinect (accesorio que agora precisará
dun adaptador USB no caso de querer empregarse na nova consola, e que será de balde para os usuarios que
xa teñan un sensor Kinect).
O mando da Xbox One S tamén mellor en comodidade (a zona de agarre ten certa
textura que permite unha mellor suxeición) e, como magnÃfica novidade, o novo
mando mellora a súa conectividade sen fÃos en fiabilidade, distancia de uso e
dispoñibilidade, xa que incorpora Bluetooth, de xeito que funcionará sen
problema con ordenadores con Windows 10.
ConfÃase en que a Xbox One S chegue ás tendas en agosto, con versións con 500
GB, 1 TB e 2 TB de almacenamento (a 299, 349 e 399 euros cada unha), contando tamén con accesorios por separado
como o soporte vertical e o mando sen fÃos.
VÃdeo de presentación da Xbox One S