Xbox amosou varios dos seus vindeiros xogos da man dos seus desenvolvedores
xoves, 23 de xaneiro do 2025
Durante o último Developer_Direct, puidemos ver unha chea de novas escenas de xogos en desenvolvemento e detalles exclusivos da man dos propios desenvolvedores sobre catro xogos que sairán proximamente para Xbox Series X|S, PC, Game Pass e a nube.
Na retransmisión de vÃdeo achegouse información directa dos estudio detrás de DOOM: The Dark Ages (dispoñible a partir do 15 de maio), South of Midnight (dispoñible a partir do 8 de abril), Clair Obscur: Expedition 33 (dispoñible a partir do 24 de abril) e Ninja Gaiden 4 (dispoñible no outono de 2025), puidemos ver imaxes en exclusiva destes xogos en acción.
Para celebrar o regreso de Ninja Gaiden tamén desvelaron unha agradable sorpresa: unha versión remasterizada do clásico de Xbox Ninja Gaiden 2 Black, que xa está dispoñible desde hoxe para Xbox Series X|S, PC e Game Pass.
Xunto con Xbox Cloud Gaming, todos os xogos do evento tamén son compatibles con Xbox Play Anywhere, o que significa que, ao mercalos a través da tenda en Xbox ou Windows, poderanse xogar tanto en Xbox como en PC con Windows sen custo adicional, e o progreso no xogo e os logros gardaranse en ámbalas dúas plataformas.
Estes xogos foron unha boa mostra do que prepara Xbox para este ano, ao que haberÃa que engadir o novo xogo de Obsidian Entertainment, Avowed, que chegará a PC e Xbox Series X|S o vindeiro 18 de febreiro.
VÃdeo no que se resume o Developer_Direct