Xbox estrea un deseño de mando inspirado no Orgullo Gay

luns, 1 de agosto do 2022 Marcus Fernández

Os mandos de Xbox poden encargarse dende hai tempo con deseños personalizados e Microsoft quixo aproveitar esta tecnoloxía para sumarse á celebración do Orgullo no mes de xuño a través de opcións de deseño que agora desembocan no mando Xbox Pride, no que combinan 34 bandeiras da comunidade LGBTQIA+. Deste xeito, os usuarios que o desexen poden aproveitar o novo patrón no sistema de personalización de mandos para facerse cun mando que celebra Orgullo Gay, o que supón un incremento de prezo de 9,99 euros con respecto a un mando ordinario.
O equipo de Xbox ve este mando como unha oportunidade para continuar a conectar coa comunidade LGBTQIA+, facilitando que calquera xogador exerza o seu dereito a ser visto e ouvido. Consideran que non estamos ante un simple mando de Xbox, senón ante un símbolo da comunidade que o inspirou.

JPEG - 133.9 KB
O novo deseño de mando busca conectar coa comunidade LGBTQIA+

PUBLICIDADE