Xbox permitirá denunciar abusos en chats de voz
mércores, 12 de xullo do 2023
Estamos afeitos a
ver sistemas de moderación e denuncia en redes sociais, de xeito que textos,
imaxes e vÃdeos que poidan resultar ofensivos son eliminados tras detectarse,
pero dende Microsoft van un paso máis aló, e anuncian que esta semana inician o
lanzamento dun novo mecanismo que permite
capturar conversas de voz dentro dos xogos que puidesen resultar desapropiadas
para remitirllas ao equipo de seguridade de Xbox para que tomen medidas ao
respecto.
O sistema que están a desenvolver captura clips de vÃdeo de 60 segundos, que
inclúen as conversas entre os xogadores, como proba do incumprimento das normas
de comportamento nas partidas en liña. Deste xeito buscan que os usuarios estean
máis seguros participando en chats de voz durante as súas partidas multixogador.
Ao estar ante un procedemento que precisa de revisión humana, polo momento as
denuncias sobre os chats de voz limÃtanse a mercados de fala inglesa e a
usuarios inscritos no programa de Xbox Insiders. Prevén incrementar paulatinamente
as linguas dispoñibles na moderación de voz.