Xbox rebaixa o prezo de Game Pass Ultimate
martes, 21 de abril do 2026
Microsoft actualizou as condicións de Xbox Game Pass cunha rebaixa no prezo do plan Ultimate, que pasa de 26,99 a 20,99 euros ao mes, revertendo parcialmente a forte suba aplicada en outubro de 2025. Os plans Essential e Premium manteñen os seus prezos en 8,99 e 12,99 euros mensuais, respectivamente.
A modificación de prezos chega acompañada dun axuste na estratexia de lanzamentos. Os futuros tÃtulos da saga Call of Duty deixarán de incorporarse ao catálogo no mesmo dÃa da súa estrea. En lugar diso, pasarán a formar parte de Game Pass Ultimate e PC Game Pass aproximadamente un ano despois do seu lanzamento, coincidindo coa campaña de Nadal. Os xogos xa dispoñibles da franquÃa seguirán accesibles sen cambios.
O plan Ultimate continúa a ofrecer acceso a centos de xogos en consola, PC e nube, incluÃndo vantaxes adicionais dentro dos xogos, multixogador en liña en consola e acceso a Xbox Cloud Gaming. A proposta mantén tamén a incorporación de numerosos tÃtulos desde o primeiro dÃa, aÃnda que con excepcións destacadas como a saga Call of Duty tras este cambio.
A revisión responde á mala reacción dos usuarios ante a anterior suba de prezos, deixando tamén claro que o modelo de negocio do Game Pass non era sustentable a longo prazo.
