O vindeiro 12 de agosto o fabricante chinés Xiaomi colocará no mercado un novo smartphone moi atractivo, o Red Rice, que será o máis económico do seu catálogo (799 iuans, uns 98 euros ao cambio) pese a ter unhas prestacións máis que suficientes para a meirande parte de usuarios, pois estamos ante un terminal 3G de dobre SIM, con pantalla IPS de 4,7 polgadas con Gorilla Glass 2, procesador MediaTek MT6589T de catro núcleos a 1,5 GHz (cun procesador gráfico SGX544 PowerVR capaz de correr xogos en 3D e vídeo a 1.080p), 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb), cámaras de 8 e 1,3 Mpíxeles (con gravación de vídeo a 1.080p e 720p respectivamente), Bluetooth 4.0, sistema operativo Android 4.2 coa capa de personalización MIUI V5, batería de 2.000 mAh, un grosor de 9,9 milímetros e un peso de 158 gramos. Venderase en negro, vermello e prata, aínda que tamén contará con maior diversidade de cores grazas a carcasas traseiras intercambiables.

Xiaomi anuncia un potente smartphone a un prezo moi reducido
Compartir Este Artigo

