Xiaomi comercializa unha nova batería imantada

venres, 5 de decembro do 2025 Marcus Fernández

A incorporación da tecnoloxía Magsafe aos iPhone non só supuxo un sistema de carga sen fíos máis seguro e eficiente, senón que tamén abriu a porta a toda unha serie de accesorios que tiran proveito da conexión imantada para facer máis práctico o seu uso, como é o caso da nova batería externa de Xiaomi.
A Xiaomi Super Slim Magnetic Power Bank 5000, que pode adquirirse en España por 34,99 euros (dispoñible tamén a prezos máis agresivos mediante importación), é unha batería cunha capacidade nominal de 3.000 mAh, cunhas dimensións de 69,5 x 102 x 8,7 milímetros e un peso de 122 gramos, que pode cargarse por USB-C e achega carga por cable ata a 22,5 watts e sen fíos de 5, 7,5, 10 e 15 watts. Está dispoñible en catro cores distintas e pode adherirse magneticamente ao iPhone (ten 17 núcleos magnéticos de neodimio para unha firme suxeición) sen bloquear cámaras nin sobresaír.
Esta batería externa pode funcionar tamén con móbiles de marcas distintas de Apple (Samsung, Huawei, Honor, Vivo, Oppo...), aínda que cómpre indicar que nos dispositivos nos que resulta máis práctica é nos que teñen un sistema de carga semellante ao dos iPhone (como os equipados con carga Qi 2).

A batería de Xiaomi suxéitase ao iPhone mediante imáns