Xiaomi conta con tecnoloxía de recoñecemento de pegadas que funciona en toda a pantalla

mércores, 16 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

Aínda que tendemos a ver a Xiaomi como un fabricante que basicamente vende terminais a prezos moi axustados, cada día xoga un rol máis importante á hora de innovar, como vén de demostrar o seu presidente e cofundador, Lin Bin, quen publicou un vídeo no que demostran un prototipo de smartphone que utiliza un lector de pegadas dixitais baixo a pantalla de nova xeración, capaz de desbloquear o terminal con só premer nun lugar calquera da pantalla, en vez dun punto concreto como os lectores actuais.
Lin Bin asegura que a área de desbloqueo do móbil en pantalla é de 50 x 25 milímetros, ou sexa, 5 veces máis grande que os lectores de pegada en pantalla e máis de 15 veces máis grande que os lectores traseiros, aínda que desta volta non só presumen de tamaño, senón tamén de velocidade e fiabilidade, de xeito que é de esperar integren esta tecnoloxía en futuros smartphones de Xiaomi.

Demostración en vídeo do novo lector de pegadas en pantalla de Xiaomi

PUBLICIDADE