Xiaomi lanza a súa primeira cámara de 360 graos

luns, 10 de abril do 2017 Marcus Fernández

Cada vez son máis as compañías que atrévense a meterse comercializar cámaras compactas capaz de capturar contidos envolventes en 360 graos facendo uso dun par de obxectivos de ollo de peixe, e a última en subir ao carro é Xiaomi, que vén de presentar a nova Mi 360 Panoramic Camera, que consiste basicamente nunha cámara de acción con dous obxectivos f/2.0 enfrontados con cadanseu sensor Sony IMX 206 que conta con 4 modos de disparo distintos, pode funcionar como unha cámara normal e grava vídeos até a unha resolución de 3.456 x 1.728 píxeles (detalle moi importante cando os contidos van reproducirse logo empregando lentes de realidade virtual).
Esta nova cámara mide só 78 x 67,4 x 24 milímetros, pesa 108,3 gramos, é resistente á auga e ao po, a súa batería de 1.600 mAh achégalle unha autonomía de 90 minutos de gravacións continua (75 minutos co Wi-Fi conectado), pode controlarse remotamente mediante Wi-Fi e Bluetooth, permite almacenar os contidos nunha tarxetas de memoria microSD de até 128 GB e incluso subminístrase cun pequeno trípode.
A cámara terá como grande atractivo o poder funcionar con smartphones con Android 5.0 ou superior ou incluso con iOS 8.0 ou superior, ou sexa, coa meirande parte dos smartphones do mercado, e grazas á súa resistencia parece bastante axeitada para rexistrar actividades no exterior. O seu prezo de venda en China é de 1699 iuans (233 euros) o que pode parecer un tanto elevado, xa que custaría máis que Samsung Gear 360 do ano pasado (actualmente dispoñible por uns 199 euros).

Vídeo promocional da nova cámara 360 de Xiaomi

PUBLICIDADE