Xiaomi lanza o seu propio Intel NUC
mércores, 14 de decembro do 2022
Tras filtrarse que Xiaomi
estaba a preparar un equipo informático cun formato reducido como os Mac
mini ou os Intel NUC, e finalmente ve a luz o Xiaomi Computer Mini, que
curiosamente é unha versión personalizada dun Intel NUC, aínda que cun prezo
moito máis axustado, xa que a súa configuración actual venderase na China a un
prezo oficial de 3.999 iuans (541 euros), aínda que será posible adquirilo en
promoción por 3.699 iuans (501 euros), e se buscamos un
equipo equivalente custaría 1.024 euros (grazas a que ten un desconto do
20%).
Falamos dun equipo cun procesador Intel Core i5-1240P e gráfica Intel Iris Xe,
equipado con 16 GB de RAM (DDR4) e 512 GB de almacenamento SSD (NVMe PCIe 4.0),
Wi-Fi 6, Bluetooth 5.3, Ethernet con soporte de velocidades de até 2,5 Gbps, 2
portos USB-C (Thunderbolt 4), 3 portos USB 3.2 Gen 2, 1 porto USB 2.0, 2 portos
HDMI 2.1 e mini-jack, todo inserido nunha carcasa de aliaxe de aluminio cunhas
dimensións de 112 x 112 x 38 milímetros, que pesa só 437 gramos e ten un
consumo de até 100 watts (cun consumo típico de 40 watts), polo que sería un ordenador
relativamente potente (podería mover simultaneamente até 4 monitores 4K) nun
formato moi contido (grazas en boa medida por ten un transformador de corrente
externo).
O equipo funciona con Windows 11, e queda agora por ver se chegará a venderse
en Europa, mercado onde podería convencer a moitos usuarios partidarios deste
formato de ordenador e que non queren gastar 1.259 euros que custaría un Mac
mini con 16 GB de RAM e 512 GB de almacenamento interno.
- O novo ordenador de Xiaomi conta cunha conectividade moi completa