Xiaomi está a colaborar con Samsung Electronics, e froito desta relación teremos en breve unha cámara de 64 Mpíxeles que integrarase inicialmente en smartphones da familia Redmi, á vez que sorprenderon anunciando que tamén están a preparar un sensor de cámara de móbil de 108 Mpíxeles, capaz de producir fotografías cunha resolución de 12.032 x 9.024 píxeles, logro inédito nun sensor de imaxe dun smartphone. Este sensor valería para, por exemplo, conseguir unha imaxe de 27 Mpíxeles aplicando un zoom 2x, ou sexa, que dobraría o número de píxeles dunha cámara de smartphone con teleobxectivo de 12 Mpíxeles. Aínda que a carreira polos Mpíxeles non pareza levar a ningunha parte, o uso de sensores de alta resolución permite conseguir imaxes máis luminosas en resolucións inferiores (a través da agrupación de píxeles).
Xiaomi prepara unha cámara de móbil de 108 Mpíxeles
Compartir Este Artigo

